A XIX Mostra de Teatro Malpica volve con unha ampla programación
O Concello de Malpica, en colaboración coa Deputación da Coruña organiza a XIX Mostra de Teatro Malpica con ampla programación. A Mostra componse de oito obras de teatro para diversos públicos, con funcións os venres dende o 27 de outubro ata o venres 22 de decembro. O horario das actuacións será sempre ás 20:30, no auditorio do centro cívico de Malpica.
As obras de teatro da mostra son as seguintes:
- Venres 27 de outubro, ás 20.30, Cartoons. Producións Teatrais Excéntricas en coprodución con Teatro do Adro
Finalista dos Premios de Teatro María Casares á Mellor
Espectáculo Infantil
Elenco:
Victor Mosqueira
Josito Porto
Xénero: Comedia
Público preferente: familiar, recomendado para crianzas de 4 a 12 anos)
- Venres 3 de novembro, ás 20.30, Arte sen guión. Galeatro en coprodución co Centro Dramático Galego
Alba Bermúdez
Tone Martínez
Miguel Canalejo
Alba Nogueira
Duración: 70 minutos
Xénero: teatro actoral
Público preferente: adultos e maiores de 14 anos
- Venres 10 de novembro, ás 20.30 Ás para Alex. Baobab Teatro
Premio na Feria de Teatro Castilla y León 2022.
Elenco:
Iria Piñeiro
Xosé Esperante
Dirección: Andrea Bayer e Oscar Ferreira
Duración: 45 minutos
Xénero: teatro infantil
Público preferente: familiar, recomendado a partir de 4 anos
- Venres 17 de novembro, ás 20.30, Pedro e o lobo de Fantoches baj.
Larraitz Urruzola
Luchi Iglesias
Inacio Vilariño
Duración: 50 minutos
Xénero: monicreques
Público preferente: público familiar a partir de 3 anos
- Venres 24 de novembro, ás 20.30, NINJA. De Teatro Ghazafelhos.
Montse Piñón
Jorge Casas
Pepablo Patiño
Duración: 50 minutos
Xénero: teatro actoral
Público preferente: maiores de 5 anos
- Venres 1 de decembro, ás 20.30, Running. Unha Suorenta Comedia de Ste Xeito Producións.
Elenco:
Stephy LLaryora
Sergio Macias
Dirección:
Esther F. Carrodeaguas
Duración: 75 minutos
Xénero: comedia
Público preferente: adultos e mozas/os a partir de 12 anos
- Venres 8 de decembro, ás 20.30, Entrega en man. Contraproducións
Elenco:
Evaristo Calvo
Santi Romai
María Roja
Diego Sales
Duración: 90 minutos
Xénero: Comedia
Público preferente: Adultos
- Venres 22 de decembro, ás 20.30, Degustación de imposibles do mago Joshua Kenneth
Duración: 70 minutos
Xénero: maxia
Público preferente: todos os públicos
Para máis información as persoas interesadas poden acudir ao departamento de Educación e Cultura do Concello de Malpica en horario de 9:30h a 14:00 ou chamar ao 981 707 104.
