A Escola Municipal de Actividades Escénicas prepara o comezo do curso en Malpica e Buño
A Concellaría de Cultura porá en marcha en outubro un novo curso da Escola Municipal de Actividades Escénicas (EMAE), na que cada ano se forman pequenas actrices e pequenos actores do noso concello. Os talleres van dirixidos a nenos e nenas de 3 a 14 anos, que ademais poderán compaxinar esta actividade co obradoiro de manualidades.
O prazo de inscrición para a EMAE estará aberto do 23 de setembro ao 4 de outubro. O alumnado do curso 2018-19 que repita matrícula conservará o horario e o grupo do ano pasado. Para o resto, a distribución prevista (pode haber variacións en función da matrícula) é a seguinte:
Malpica (auditorio do Centro Cívico)
- Grupo I (3 a 6 anos): xoves 15.00 a 16.00 h.
- Grupo II (9-11 anos): xoves 16.00 a 17.00 h.
- Grupo III (12-14 anos): xoves de 17.00 a 18.00 h.
- Grupo IV (7 -8 anos): xoves de 18.00 a 19.00 h.
Inicio da actividade: Xoves 10 de outubro ás 16.00 h. no Centro Cívico
Buño (CEIP Joaquín Rodríguez Otero)
- Grupo V (6-12 anos): venres, de 17.00 a 18.00 h.
Inicio da actividade: Venres 11 de outubro ás 17.00 h. no CEIP Joaquín Rodríguez Otero
Prezo
- 16,29 €/mes (1 actividade)
- 19,54 €/mes (2 actividades: 1 usuario teatro+manualidades)
Información e inscricións
Centro Cívico do Concello de Malpica de Bergantiños
Departamento de Educación e Cultura / Biblioteca
De 10.00 h. a 13.00 h.
Tfno: 981 707 104