Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 13°
Luns 15°
Martes 14°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. A Deputación da Coruña renova o seu apoio á Mostra da Olería de Buño

1Xul 2023

A Deputación da Coruña renova o seu apoio á Mostra da Olería de Buño


O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de
Malpica, Eduardo Parga Veiga, asinaron un convenio de colaboración
mediante o cal a institución provincial achega 80.000 euros para a
organización do evento
A 39º edición da Mostra celébrase este ano do 3 ao 6 de agosto en Buño
(Malpica)
O presidente en funcións da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso,e o alcalde de Malpica Bergantiños,
Eduardo Parga Veiga, asinaron un convenio de colaboración para financiar
cunha achega de 80.000 euros a trixesimo novena edición da Mostra da Olería de Buño, que se celebrará do 3 ao 6 de agosto de 2023.
A achega da Deputación supón o 80% do orzamento total do evento, que
ascende a 100.000 euros e inclúe os gastos en publicidade, material gráfico,
alugueiro das carpas, dos espazos expositivos, e das actividades como
eventos, animación ou actuacións, ademais dos gastos de persoal para a
organización do evento, que cada verán reúne a miles de visitantes.
Con esta colaboración, a Deputación da Coruña amosa o seu apoio a esta
XXXIX Mostra da Olería de Buño e impulsa este evento, ademais de coma un
recurso turístico, como unha actividade artesanal que repercute favorablemente como medio de desenvolvemento económico, social e xerador de emprego e riqueza non só a nivel local, senón tamén na provincia.

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, firmando o convenio xunto co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.