18Set 2024
A Concellería de Servizos Sociais organiza a II Xuntanza de Maiores en Seaia
O Concello de Malpica vén de anunciar a celebración da segunda edición da Xuntanza de Maiores, un evento que terá lugar o vindeiro 12 de outubro no Campo da Festa de Seaia. A cita está organizada pola Concellería de Servizos Sociais e contará cunha comida acompañada da música en directo do Trío Rosel, que será o encargado de amenizar a xornada.
O prazo para inscribirse no evento estará aberto entre o 23 de setembro e o 4 de outubro, ou ata completar aforo. Os veciños e veciñas interesados poderán anotarse a partir das 9.00 horas no Centro Cívico ou chamar ao número de teléfono 981 720 280.