Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 18°
16°
Luns 17°
15°
Martes 18°
14°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. A chuvia non detivo a VIII Carreira Pedestre do Concello de Malpica

27Set 2025

A chuvia non detivo a VIII Carreira Pedestre do Concello de Malpica

O Concello de Malpica organizou este domingo a VIII Carreira Pedestre, unha cita xa consolidada no calendario deportivo da nosa localidade. A pesar da chuvia, a proba contou cunha alta participación en todas as categorías, converténdose nunha xornada de deporte e solidariedade.

As saídas das carreiras de 2k e 10k tiveron lugar diante da Casa do Concello. O percorrido da carreira de 2k desenvolveuse polo porto ata o paseo da praia, mentres que a de 10k discorreu tamén desde o Concello, pasando polo porto, continuando ata San Adrián e finalizando de novo no porto.

A entrega de premios celebrouse no paseo da praia e contou coa participación do alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e do tenente de alcalde, Miguel Ángel Fernández Mirás. Grazas á solidariedade das persoas participantes recadáronse 231 euros que se destinarán á Asociación Española contra o Cancro.

Clasificacións

2k Popular
Masculino: 1º Javier Paradela Martico, 2º Pablo Mira Pérez, 3º Pablo García Barbeira
Feminino: 1ª Andrea Gómez Álvarez, 2ª Olga Pose Chouciño, 3ª Ana Dubra García

Sub10
Feminino: 1ª Alexia Veres Rodríguez, 2ª Xiana Rey Dubra, 3ª Mencía Dubra Trigo
Masculino: 1º Mateo Chouciño Sotelo, 2º Anxo Castro López, 3º Lucas Rey Dubra

Sub12
Feminino: 1ª Antía Castro López, 2ª Carmen Domínguez Fariña
Masculino: 1º Antonio Sanmartín Tenreiro, 2º Lucas Chouciño Sotelo, 3º Breixo Platas Álvarez

Sub14
Feminino: 1ª María García Ferreiro, 2ª Julia Insua Rico, 3ª Noa Méndez Pose
Masculino: 1º Xacobo Fraga Liñares, 2º Leo Mafal Touré Lema, 3º Hugo García Canto

Sub16 Masculino
1º Mateo Vázquez Trillo, 2º Martín Castro Vázquez, 3º Aitor Añón Díez

10k – Xeral
Masculino: 1º Francisco País Fondo, 2º Bruno Riadigos Piñeiro, 3º Carlos Añón Ceán
Feminino: 1ª Olalla Saborido Gil, 2ª Cristina Piñeiro Rego, 3ª Mónica Busto Blanco

10k – Outras categorías
Sub18: Fátima Bermúdez Carretero / Roi Soto Suárez
Sub23: Manuel González Pérez / Nico Paz Pereira
Sénior: Elena Varela Molina / Francisco País Fondo
Máster 1: Olalla Saborido Gil / Bruno Riadigos Piñeiro
Máster 2: Yessica Rico Bestilleiro / Carlos Añón Ceán
Máster 3: Paco Paz Trillo
Máster 4: Ramón Antonio Varela Míguez

Mellores locais
Masculino: Carlos Añón Ceán
Feminino: Alda Alfeirán Trigo

Desde o Concello de Malpica queremos agradecer á colaboración de Protección Civil de Malpica, da Policía Local e do club ciclista Media Ducia, que fixeron posible o correcto desenvolvemento da proba.