Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 12°
Martes 14°
10°
Mércores 14°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. La Xunta e o Concello de Malpica destinarán 1,25 millóns á mellora do saneamento coa construción dunha EDAR en Beo

9Mar 2026

La Xunta e o Concello de Malpica destinarán 1,25 millóns á mellora do saneamento coa construción dunha EDAR en Beo

Augas de Galicia financiará o 80 % do proxecto e o Concello asumirá o 20 % restante

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga, acordaron destinar 1,25 millóns de euros á mellora do saneamento do municipio coa construción dunha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) no lugar de Beo, na parroquia de Vilanova de Santiso. A reunión celebrouse esta mañá e permitiu fixar as bases de colaboración entre ambas administracións. A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, financiará o 80 % da actuación, mentres que o 20 % restante corresponderá á Administración local. O proxecto contará ademais con cofinanciamento do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2021-2027. A previsión é que ambas administracións asinen nas próximas semanas o correspondente convenio de colaboración para que a actuación poida saír a licitación no primeiro semestre de 2026. Durante o encontro tamén analizaron a situación da EDAR situada no lugar da Balsa, en Buño, co obxectivo de avaliar posibles actuacións no futuro e explorar vías de colaboración para levalas a cabo.

A conselleira reiterou que, aínda que as competencias en materia de saneamento e depuración corresponden aos concellos, a Xunta mantén o seu compromiso de prestar apoio técnico e financeiro ás entidades locais para garantir un servizo de calidade. Este apoio reflíctese tamén nos orzamentos de 2026. Augas de Galicia contará cun orzamento global de 151,7 millóns de euros, un 5,5 % máis que en 2025. Deles, 108,7 millóns —sete de cada dez euros— destinaranse a abastecemento e saneamento, e 73,6 millóns investiranse especificamente na mellora ou construción de infraestruturas hidráulicas.