O Concello de Malpica convoca o I Concurso Fotográfico “Malpica, Natureza en Olladas”

O Concello de Malpica de Bergantiños lanza o primeiro concurso fotográfico “Malpica, Natureza en Olladas”, co obxectivo de poñer en valor a riqueza natural, patrimonial e cultural do municipio. A iniciativa convida a veciños e visitantes a amosar Malpica a través das súas olladas: as paisaxes, os monumentos naturais, as prazas, a arquitectura popular, os recunchos e as cores que fan único o concello.
As 13 fotografías gañadoras formarán parte do Calendario Municipal 2026, cunha imaxe para a portada e doce correspondentes aos meses do ano.
O prazo de participación abrirase desde o día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e permanecerá aberto ata o 14 de novembro de 2025 ás 23.59 horas.
As imaxes deberán enviarse en formato .jpg ao correo electrónico turismo@malpicadebergantinos.es. No correo deberán constar o nome e apelidos, data de nacemento, enderezo completo, teléfono e correo electrónico, ademais dun pequeno texto explicativo sobre a fotografía. No caso de enviar varias imaxes, deberán titularse ou numerarse para diferencialas.
O concurso establece un primeiro premio de 200 euros, correspondente á portada do calendario, e doce premios mensuais de 60 euros cada un.
A temática céntrase en fotografías que mostren lugares recoñecibles de Malpica de Bergantiños, como paisaxes e monumentos naturais, arquitectura e patrimonio cultural, ou prazas, obxectos e recunchos emblemáticos. Recoméndase o encadre horizontal e imaxes de alta calidade para impresión.
O fallo do xurado farase público antes do 21 de novembro de 2025 e publicarase nas redes sociais e na web municipal.
O concurso busca destacar a beleza e a esencia do territorio de Malpica, contribuíndo á posta en valor da natureza, a cultura e o turismo local.