Campaña de castración e implantación de microchip para gatos en Malpica

O Concello de Malpica, en colaboración coa asociación Malpica Felina, pon en marcha unha campaña dirixida á poboación felina do municipio co obxectivo de fomentar o benestar animal e dar cumprimento á normativa vixente.
A iniciativa inclúe a castración e a implantación do microchip identificativo, dous requisitos que son obrigatorios por lei. O incumprimento desta obriga pode dar lugar á imposición de sancións.
As persoas interesadas en acollerse a esta campaña deberán formalizar a súa inscrición no Concello de Malpica, podendo facelo tanto de maneira presencial nas dependencias municipais como por vía telefónica.
Desde o Concello de Malpica facemos un chamamento á veciñanza para participar nesta campaña, co convencemento de que a responsabilidade compartida é clave para garantir unha convivencia saudable e respectuosa cos animais.