Síguenos en
es_ES
El tiempo en Malpica de Bergantiños
Jueves 17°
13°
Viernes 17°
12°
Sábado 21°
12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. O mércores 21, Luís G. Souto presenta en Malpica o seu libro ‘O Camiño dos Faros: Diario de viaxe’

16Ago 2024

O mércores 21, Luís G. Souto presenta en Malpica o seu libro ‘O Camiño dos Faros: Diario de viaxe’

O vindeiro mércores, 21 de agosto, ás 20:00 horas, o Salón de Actos da Casa do Pescador, situado na Rúa Camiño do Río, 1, en Malpica de Bergantiños, acollerá a presentación do libro «O Camiño dos Faros: Diario de viaxe», unha obra do autor Luís G. Souto.
O acto contará coa presenza do propio autor, Luís G. Souto, quen estará acompañado por Noelia Freijeiro, concelleira de Cultura, Xosé Manuel Varela, escritor e mestre, e M. A. Fernán Vello, director de edicións Espiral Maior, a editorial encargada de publicar a obra.