3Ene 2023
- Sin categoría
A igrexa de Santiago de Mens acollerá a presentación do libro «Misterios e encantos de Bergantiños»
O Concello de Malpica segue a apostar pola cultura e prepara a presentación do libro «Misterios e encantos de Bergantiños» de Juan Félix Neira Pérez, que se levará a cabo do vindeiro 7 de xaneiro ás 19.00 horas, na igrexa de Santiago de Mens.
No acto intervirá o autor do libro, Juan Félix Neira Pérez; Ana María Romero Masiá, arqueóloga e investigadora; Eduardo J. Parga Veiga, alcalde de Malpica; Noelia Freijeiro, concelleira de Cultura, Patrimonio e Deportes e Xosé Manuel Varela, director da colección «Costa da Morte».
A demais os asistentes poderán gozar da visita guiada polo interior da igrexa románica de Santiago de Mens.
