O Concello de Malpica colabora coa iniciativa “Proxecto km 0” que, ao longo de nove etapas, percorrerá a costa.
Unha ruta, organizada polo A.C.D. Salitre, que comezará, o 17 de abril, en Razo e finalizará, o 10 de xullo, en Fisterra.
Os participantes camiñarán máis de 200 quilómetros distribuídos ao longo das distintas quendas que poden chegar a ter un desnivel de 900 metros.
A primeira ruta será o 17 de abril desde Razo a Malpica. Un total de 16,5 quilómetros cun desnivel de 550 metros. A seguinte, o 1 de maio, levará ós participantes de Malpica a Niñóns, cun percorrido de 22 quilómetros e 580 metros de desnivel.
As quendas levaran ós participantes ata: Corme, Laxe, Arou, Camariñas, Muxía, Lires, e finaliza co percorrido entre Lires e Fisterra.
Os interesados deben inscribirse a través do WP: 603 74 17 47 ou remitindo un mail a salitresendeirismo@gmail.com