Curso de formación de ‘Alternativas de xestión ao minifundio forestal’
O Concello de Malpica, xunto co GDR da Costa da morte, ofrecerá un curso de formación de “Alternativas de xestión ao minifundio forestal” durante este outono.
A duración do mesmo será de 44 horas lectivas. O curso terá lugar dos días 27 de outubro ao 6 de novembro en horario de 10:00 a 14:00 horas. Impartirase no antigo Centro Comarcal de Bergantiños.
Este curso está destinado a persoas vinculadas ao sector primario e á cadea forestal-madeira ou con expectativas de incorporación a estes sectores.
Toda a información sobre os obxectivos do programa está dispoñible no documento adxunto.
A reserva de prazas debe facerse a través de gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com
ou en informacion@foresin.es
Tamén está habilitado o 981 717 358 – GDR da Costa da Morte.