27Nov 2019
Sorori(r)dade, no Centro Cívico de Malpica
O Concello de Malpica, a través das concellarías de Igualdade e Benestar, organizou un compendio de actividades con motivo da ‘Semana contra as violencias’. Dentro deste programa onte, martes 26 de novembro, desenvolveuse ás 18:00 horas no Centro Cívico, un obradoiro de risoterapia e sororidade para mulleres.
Alí estiveron o alcalde de Malpica, Walter Pardo, e a concelleira de Igualdade, Leticia Varela.