4Dec 2018
A organización do Camiño sen Límites agradeceu a colaboración do Concello de Malpica, a Policía Local e Protección Civil
Rosario Fernández Cancela, en representación das entidades que organizaron a terceira edición do Camiño sen Límites, entregou hoxe os diplomas de agradecemento ao Concello de Malpica, representado polo alcalde, Eduardo Parga, e o concelleiro Miguel Fernández; á Policía Local, representada por David Souto, e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, representada por Iván Muiño.
Fedanpas Costa da Morte e Rompendo Límites recompensan deste xeito o apoio recibido para a organización da segunda etapa, que se desenvolveu no noso concello. O alcalde expresou o agradecemento do Concello e do pobo de Malpica ás entidades organizadoras da iniciativa polo importante labor de integración social que desenvolven ao longo de todo o ano.