Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Sábado 13°
Domingo 14°
Luns 14°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Volven as visitas teatralizadas para coñecer a historia da vida no Forno do Forte

29Xuñ 2023

Volven as visitas teatralizadas para coñecer a historia da vida no Forno do Forte

O Ecomuseo Forno do Forte ofrecerá visitas teatralizadas gratuítas durante os sábados 1, 15 e 29 de xullo e os días 12 e 26 de agosto, en horario de 12.00 a 13.00 horas. Despois do éxito acadado na pasada edición o Concello volve a apostar por esta modalidade que da man de Yago Espasandín e Raquel Crespo, compoñentes de Alalá Teatro, que darán vida á obra “Ao principio había barro”.A obra representa a visita dunha rapaza peculiar (Lola) que durante o itinerario polo Ecomuseo Forno do Forte vai romper coa tranquilidade do guía do museo (Carlos).Lola ven buscando respostas a todo canto ten escrito nun caderno, que segundo ela, levan escribindo dende o principio dos tempos os seus antepasados. A incredulidade de Carlos e as intencións de Lola, desembocarán nunha viaxe no tempo, grazas as “propiedades máxicas” da boca do forno.Desta vez, a visita teatralizada do Ecomuseo Forno do Forte, convídanos a unha viaxe ao Buño primitivo, preto dos Barreiros, as orixes, pero tamén un chisco máis atrás, ao momento no que naceu a historia do barro e a humanidade.Ao principio había barro é un xeito de coñecer mellor a historia local permitindo aos visitantes introducirse na historia que conta a exposición e as vivendas do Forno do Forte por medio da teatralización.