Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
10°
Martes 14°
Mércores 14°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Aberto o prazo de solicitude de espazos municipais para a realización de actividades anuais e dos centros de ensino

20Set 2018

Aberto o prazo de solicitude de espazos municipais para a realización de actividades anuais e dos centros de ensino

Co inicio do curso escolar, tamén iniciamos as actividades das escolas culturais do Concello, os obradoiros das asociacións nas diferentes parroquias e as actividades extraescolares dos centros de ensino. Co obxecto de organizar axeitadamente os diferentes espazos dispoñibles convidamos ás comunidades educativas e a todas as entidades culturais e sociais do concello a que acheguedes as vosas solicitudes de espazos para o curso 2018-19.

O prazo está aberto ata o 28 de setembro, e as solicitudes deben realizarse a través do rexistro electrónico do Concello de Malpica, indicando os metros cadrados que se precisan, equipamento da sala, etc.

No documento adxunto poden consultarse as bases completas da convocatoria.

Prazo de solicitude de Locais para actividades do Curso 2018 2019