Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 16°
12°
Venres 16°
13°
Sábado 18°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. SERVIZOS
  3. EMPREGO E PROMOCIÓN ECONÓMICA
  4. Bolsa de traballo

Bolsa de traballo

OFERTAS DE EMPREGO

Icon
Aprobación lista provisional de admitidos/as e excluídos/as no procedemento para a selección de auxiliar administrativo/a con carácter interino
Icon
Anuncio relativo á convocatoria pola Xunta de Galicia de procedemento selectivo unitario para o acceso aos postos de auxiliares de policía local

De conformidade co establecido no Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local (Diario Oficial de Galicia núm. 222, do 22 de novembro), mediante ORDE do 22 de marzo de 2018 ( DOG nº 65 de 4 de abril de 2018) Viceperesidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza  convoca UN PROCESO SELECTIVO UNITARIO e  aproban as bases reguladoras para postos de auxiliares da policía local.

Sendo competente a Xunta de Galicia para a tramitación do citado procedemento selectivo, faise pública a súa convocatoria a efectos de maior información.

Icon
Corrección de erros na convocatoria dunha praza de auxiliar administrativo/a con carácter interino
Icon
Convocatoria dunha praza de auxiliar administrativo/a con carácter interino

Convocatoria de procedemento de selección de 1 funcionario/a interino/a e formación de bolsa de emprego  grupo C, subgrupo C2, escala Administración Xeral, subescala auxiliar administrativo.

Icon
Acta do tribunal do proceso de selección de técnico/a atención de museos e centros de interpretación

Proposta de contratación

Icon
Listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as no proceso de selección de técnico/a atención de museos e centros de interpretación

Resolución da alcaldía

Ofertas de empresa privada

Desde o Concello de Malpica de Bergantiños queremos crear un espazo onde se divulguen, de balde, todas as ofertas de emprego que se xeren no noso territorio.

Os empresarios locais que queiran publicar algunha oferta poden enviala a través deste correo electrónico.