- Este evento xa pasou.
“Memoria das memorias dun neno labrego”
23 Out, 2017 • 10:30 a.m. » 11:40 a.m.
Evento Navegación
Memoria das Memorias dun neno labrego. Contraproducións
Monólogo escénico-narrativo sobre o libro de Xosé Neira Vilas, no 50 aniversario da súa primeira publicación, “Memorias dun neno Labrego”. En 1961 publicouse en Buenos Aires un dos libros máis sobranceiros da literatura galega. O máis editado, lido e traducido. O que todos lembramos con tenrura. O que todos asociamos con algunha vivencia propia ou herdada.
Un espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista.
Elenco: Cómico narrador – Cándido Pazó
Duración: 70 minutos
Xénero: monólogo escénico. Teatro contado ou conto teatralizado.
Público preferente: a partir de 12 anos