Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 13°
Mércores 14°
10°
Xoves 15°
12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. SERVIZOS
  3. SERVIZOS SOCIAIS

SERVIZOS SOCIAIS

SERVIZOS SOCIAIS

 
 

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Malpica traballa activamente para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas así como para integrar a todas as persoas e grupos do municipio. As iniciativas desenvolvidas inciden especialmente nos cidadáns que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención selectiva.

A concorrencia de persoal técnico con distintas titulacións enriquece considerablemente a visión dos problemas e necesidades sociais, tanto a nivel individual como comunitario. O departamento conta con expertos en traballo e educación social así como con auxiliares domésticas para o Servizo de Axuda no Fogar.

Áreas de intervención
A colaboración entre estes profesionais exprésase nun traballo en equipo e unha estreita coordinación das diferentes áreas de intervención. Estas defínense en función dos sectores de poboación e das problemáticas diferenciadas que se abordan en cada unha delas, sendo o seu carácter aberto a novos problemas sociais. Na actualidade, os servizos sociais prestan atención aos seguintes colectivos: Familia, infancia e mocidade; persoas con discapacidade; maiores; muller (cun servizo de igualdade diferenciado); drogodependentes, e inmigrantes.

Programas de intervención

  • Orientación, asesoramento e información
  • Axuda no fogar
  • Xantar na casa
  • Teleasistencia domiciliaria
  • Educación familiar
  • Dinamización da terceira idade

Este programa responde á necesidade de información co fin de acceder e utilizar os recursos sociais e previr as desigualdades. Vai dirixido a grupos, institucións e persoas individuais, ofrecendo asesoramento especializado sobre os dereitos que poidan corresponderlles e os recursos sociais existentes.

Algunhas das actividades que realiza son:

  • As derivadas da atención ao público, entrevistas e visitas domiciliarias.
  • Tramitación e xestión dos distintos tipos de axudas.
  • Coordinación con centros, servizos, institucións e profesionais relacionados cos servizos sociais.
  • Planificación, xestión e seguimento dos servizos de acción social municipal.
  • Elaboración de propostas e informes.

Dirixido a aqueles veciños que presenten disfuncións ou discapacidades que lles limiten a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social.

O acceso ao servizo producirase a través dos servizos sociais de atención primaria, de acordo coas seguintes modalidades:

  • Acceso directo para persoas que, tendo recoñecida a situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución de Programa individual de Atención, conforme ao establecido no Decreto 176/2007, do 6 de setembro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema na Comunidade Autónoma de Galicia, así como na Orde do 17 de decembro do 2007 pola que se establecen os criterios para a elaboración do Programa Individual de Atención, fixación das intensidades de protección dos servizos, réxime de incompatibilidades das prestacións e xestión das prestacións económicas.
  • Réxime de libre concorrencia para as persoas que non teñan recoñecemento da situación de dependencia, ou non lles asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención a dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006. O acceso ao servizo, logo da prescrición técnica favorable dos servizos sociais de atención primaria, resolverase en réxime de libre concorrencia de acordo cos criterios establecidos nesa ordenanza.

É un programa de atención aos colectivos de persoas maiores e aquelas en situación e/ou risco de exclusión social. Ten como finalidade mellorar a calidade de vida das persoas, prestando un apoio dentro do propio domicilio, que se atopan cunha serie de limitacións e que lles impide ter unha adecuada cobertura alimentaria. O Concello de Malpica de Bergantiños subscribiu un convenio de colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para regular a prestación deste servizo.

Son beneficiarias do programa “Xantar na Casa” as persoas residentes e empadroadas no Concello que cumpran os seguintes requisitos:

  • Maiores de 60 anos, que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal, sen rede de apoio que poida suplir tal situación.
  • Menores de 60 anos en situación de exclusión social, tecnicamente avaliada polos servizos sociais do Concello.
  • Persoas dependentes, que carezan de apoio familiar, e requiran de axuda para a preparación de alimentos.
  • Solicitude:
    As persoas interesadas no servizo “Xantar na Casa” deberán presentar a solicitude nos servizos sociais do Concello. Desde este departamento facilitarase o modelo de solicitude, que deberán entregar coa autorización de acceso do persoal que presta o servizo á vivenda e outra documentación requerida (DNI, informe de saúde, domiciliación bancaria).
Servizo de atención telefónica ininterrompida cun equipamento de comunicacións e informática específicos. O sistema consta dunha unidade de alarma que leva a persoa, un terminal telefónico e unha central informatizada, receptora de chamadas situada no Centro de Atención. Permite ás persoas usuarias, ante calquera situación de emerxencia e con tan só premer un botón, comunicarse coa central, atendida por persoal especializado, para dar resposta á situación comunicada. É requisito imprescindible para poder ser persoa usuaria dispoñer de liña telefónica.

  • Acceso ao programa:
    O servizo de teleasistencia está incluído no catálogo de servizos e prestacións do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro. Para acceder a el deberase acreditar o recoñecemento da situación de dependencia, conforme ao calendario previsto. Cando unha persoa estea interesada en acceder a este servizo terá que formulalo na solicitude de recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema e sinalar como expectativa o servizo de teleasistencia, ademais de acompañar a documentación preceptiva establecida no artigo 21 do citado decreto. No suposto de que, unha vez valorada a persoa solicitante, non acadara un grao e nivel de dependencia implantado segundo o calendario establecido na disposición final primeira da Lei 39/2006, do 14 de decembro, a solicitude do servizo de teleasistencia será derivada de oficio e tramitarase polo procedemento de libre concorrencia que se determine para o efecto. As Deputacións, a través do convenio que ten establecido o IMSERSO e maila FEMP, asumen a prestación da teleasistencia ás persoas que non teñan recoñecida unha situación de dependencia.
Trátase dun servizo municipal de prevención e apoio ás familias para favorecer o cumprimento das súas necesidades, o benestar e a plena participación na comunidade.

 

servizos-sociais obradoiro para persoas con discapacidade

Trabállase coas familias na educación dos fillos e tamén con diversos colectivos en situación de exclusión social (persoas perceptoras de RISGA, usuarias e usuarios do Plan de Inclusión, etc).

O Concello de Malpica e SENES Desenvolvemento Comunitario propuxeron desenvolver o programa Play: enchúfate á vida!, un programa integral de envellecemento activo dirixido ao colectivo de persoas maiores do Concello, que traballa os catro aspectos básicos: prevención, saúde, autonomía e participación social.

 

participantes enchufate-a-vida

O programa de dinamización da terceira idade contou con tres áreas de traballo:

  • Saúde e calidade de vida, coa realización de obradoiros de manipulación de alimentos e medicación así como de prevención de riscos e caídas no fogar e na rúa e de primeiros auxilios. Tamén se potenciou a educación física e as actividades para previr o deterioro mental.
  • Participación no medio social, coa organización de festas – baile e o termalismo social (actividade enmarcada tamén nas accións para previr o deterioro físico).
  • Convivencia interparroquial, coa celebración dun obradoiro de recuperación de xogos tradicionais, que constitúen un medio facilitador da aprendizaxe e de intercambio de habilidades.
 

Contacto

Centro Cívico
Rúa Ventorrillo s/n
15113 Malpica de Bergantiños

981 720 280
981 720 370

Horarios:
• De luns a venres de 9:00 a 14:00h

Persoal

 

Enlaces de interese