Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
10°
Martes 14°
Mércores 14°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. SERVIZOS
  3. DEPORTE

DEPORTE

DEPORTE

 
 

Promovemos entre os veciños e veciñas a práctica do deporte como hábito saudable, deseñando actuacións específicas para os diferentes colectivos do municipio.

O fomento do asociacionismo constitúe unha das principais vías de apoio ao deporte, polo que o Concello tamén colabora coas diferentes entidades que desenvolven a súa actividade en Malpica.

  • Escola Municipal de Educación Física
  • Escolas Deportivas Municipais
  • Malpica Verán Deportivo
Coa Escola Municipal de Educación Física (E.M.E.F.) promovemos o deporte entre todos os alumnos dos distintos centros de ensino do Concello. A programación de outubro a maio ofrece un abano de actividades físicas aos escolares do municipio, con escolas deportivas, competicións e outras xornadas puntuais.

A iniciativa fomenta a formación en valores persoais e sociais, mellorando a calidade de vida, a integración e a participación do alumnado. As actividades que se desenvolven contemplan ligas de baloncesto, fútbol sala, fútbol 8, xornadas de ximnasia rítmica e aerobic.

aerobic

Descarga aquí os formularios de inscrición na EMEF para ADULTOS e para MENORES DE IDADE.

O Concello organiza diferentes actividades para fomentar o exercicio físico entre os veciños do municipio. A inscrición para as mesmas é mensual e quen o desexe pode apuntarse en calquera momento.

  • Zumba: a oferta deportiva para as persoas maiores de 16 anos inclúe clases de Zumba, que teñen lugar no Centro Cívico de Malpica os martes e xoves ás 15:15h.activate_saudablemente
  • Actívate saudablemente: o noso programa deportivo para persoas adultas e/ou con problemas de mobilidade inclúe sesións de ximnasia terapéutica, taller de cociña, novas tecnoloxías, olería, viaxe de fin de curso…. Todo isto para que, teñas a idade que teñas, manteñas un estilo de vida activo e saudable. Este programa ten lugar os martes e xoves: na Casa do Oleiro de Buño de 10:15h a 11h, e no ximnasio do pavillón de Malpica de 11:15h a 12h.
  • Ponte en forma: programa deportivo para adultos que se desenvolve os luns, mércores e venres no ximnasio do pavillón polideportivo, e que inclúe distintas actividades dirixidas por un monitor.

O Concello dinamiza a actividade deportiva no municipio durante a época estival. As actividades, que teñen lugar de xuño a setembro, diríxense tanto á poboación local como a visitantes, pois durante estes meses o concello chega a triplicar a súa poboación.

As actividades principais que se realizan son campamentos deportivos, campus, torneos e liga de fútbol praia, cursos de surf, o día da bicicleta, travesía a nado, saídas puntuais, entre outros.

deporte-veran

 

Instalacións deportivas municipais

Pavillón Polideportivo Municipal

Rúa Ventorrillo s/n
(detrás do CEIP Milladoiro)
Malpica

Campo de fútbol Pedra Queimada

Pedra Queimada s/n
Malpica

Campo de Fútbol de Xaviña

Xaviña s/n
Malpica

 

Contacto

Rúa Emilio González López, 1
15113 Malpica de Bergantiños
981 721 627

Persoal

 

Enlaces de interese