Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 14°
11°
Venres 13°
10°
Sábado 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Entroido chega a Malpica coas primeiras actividades confirmadas

12Feb 2022

O Entroido chega a Malpica coas primeiras actividades confirmadas

O Concello organizará un concurso de comparsas e un torneo de fútbol sala

O Concello de Malpica prepara o Entroido 2022 en colaboración coas distintas entidades deportivas e culturais da localidade. Polo momento xa ten confirmadas dúas actividades.

O domingo 27 deste mes levará a cabo un concurso de comparsas. Ás 18:00 horas celebrarase o desfile polas rúas da vila de Malpica e, ás 19:00, será a entrega de premios na Praza Anselmo Villar Amigo. Haberá dúas categorías. A xeral (a partir de 13 anos) contará con tres premios en vales para mercar nos establecementos do pobo. Un primeiro será de 200 euros; un segundo, de 120, e un terceiro, de 80. Pola súa parte, na infantil (de 0 a 12 anos), tod@s @s participantes recibirán un agasallo e haberá un galardón especial para o mellor disfrace.

As inscricións realizaranse a partir das 18:00 horas desa mesma xornada na Praza Anselmo Villar Amigo. Ademais, actuará a charanga Santa Compaña polas rúas.

De outro lado, o luns, día 28, disputarase un torneo de fútbol sala a partir das 10:00 horas no pavillón municipal de Malpica. Poderán participar os nenos e as nenas de 7 anos en diante e con previa inscrición na casa consistorial ou no teléfono 981 72 00 01 ata o día 24. As categorías e os equipos formaranse por grupos de idade en función das persoas anotadas.

Organiza ambas iniciativas a Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes de Malpica, que seguirá informando das demais propostas para estas datas especiais.