Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 13°
Sábado 12°
Domingo 14°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello de Malpica lanza un concurso para promocionar a olaría de Buño

9Feb 2022

O Concello de Malpica lanza un concurso para promocionar a olaría de Buño

Cada mes sortearase unha peza de barro na rede entre as persoas que adiviñen que artesán ou artesana a elaborou

A Concellaría de Olaría de Malpica pon en marcha un concurso para visibilizar o potencial artístico e cultural dos e das oleiros e oleiras de Buño. Cada mes publicarase a través da páxina de Facebook do Concello a imaxe dunha peza de barro.

Os interesados en participar no sorteo da mesma deberán adiviñar que artesán ou artesana a elaborou. Logo de dous días de prazo para formular as propostas, sortearase a creación entre os acertantes.

Dende o Concello daráselle ó premiado un vale con todos os datos da peza artística: nome, autor, dirección do obradoiro ou tenda… Importante: non se farán envíos! Os premios débense recoller en persoa.

A Concellaría anima á veciñanza a participar, pois as persoas que o fagan poderán optar a facerse cunha prezada creación da olaría de Buño, á vez que contribúen a promocionar esta tradición, que non deixa de evolucionar co paso dos anos. “Presumamos do noso orgullo oleiro!”, di a campaña.