Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 14°
11°
Venres 13°
10°
Sábado 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello de Malpica comunica que queda adiada a representación de “Muiñada” no río de Vaa

8Abr 2022

O Concello de Malpica comunica que queda adiada a representación de “Muiñada” no río de Vaa

A actividade será reprogramada para cando as condicións meteorolóxicas o permitan

O Concello de Malpica comunica que a representación prevista para mañá, 9 de abril de “Muiñada”, no río de Vaa, queda adiada por mor das condicións climatolóxicas.

A obra representada pola compañía Galeatro será reprogramada para vindeiras datas, cando o tempo o permita. Trátase dunha recreación destinada a todos os públicos na que o xogo, lendas, tradición e música son o fío condutor para mostrar as raíces.