- Sen categorizar
Malpica presenta unha completa programación de Nadal organizada en colaboración coas entidades e asociacións locais
Do 16 de novembro ao 16 de decembro
Concurso de Coplas e Debuxos de Nadal.
Requirimentos: en galego, temática relacionada co Nadal, a musica e a amizade.
Lugar de entrega: Centro Sociocultural das Pozacas ou no mail: acraiganhas@gmail.com
Organiza: A.C. Raigañas.
Do 11 ao 19 de novembro
Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal
- Premio: lote de libros e publicación da obra como motivo dos materiais gráficos de difusión das actividades de nadal
- Premio: lote de libros e publicación da obra como motivo do saúda de nadal
- Premio: lote de libros e publicación da obra nos saúdas dixitais de Nadal
- Premio: lote de libros e publicación da obra na pantalla dixital
Colaboran: CEIP Milladoiro, CEIP Joaquín Rodríguez Otero, Escola de Mens do CRA A Nosa Señora do Faro e IES Urbano Lugrís
5 de decembro (xoves)
Ás 19.30, na Praza Anselmo Villar Amigo :
Instalación da Caixa do Correo Real
Encendido de luces
Colocación dos adornos na árbore de Nadal
6 de decembro (venres)
Conferencia: O Deporte como Ferramenta de Benestar e Inclusión nos Deportistas con Discapacidade Intelectual. Un Estudo sobre o Proxecto “Más Que Tenis” e presentación do libro: “Derribando barreras” a cargo do Doutor Apolinar Varela. Ás 12.00 no Centro Artesanía e Tradición (CAT) de Buño. Orgniza: AVSC O Quinteiro
Do 8 de decembro ao 8 de xaneiro
En horario de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 21.00 Exposición de Belén de Amigurumis, de Marta Rojo Amigo no Fogar do Pensionista da Casa do Pescador de Malpica
Organiza: Fogar dos Pensionistas San Adrián do Mar
9 de decembro (luns)
Obradoiro de Galletas de Nadal, de 16.30 a 18.30 na Casa da Cultura de Seaia. A partir de catro anos, material incluído. Prezo: Socios 10.00 €, non socios 15.00 €. Información e inscricións: 611 747 756. Organiza: ACD Carcaxía.
14 de decembro (sábado)
Cea das Letras, as 20.00 na Casa do Pescador. Presentación da obra gañadora do XIX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. Información e reservas: 649 507 785 / 649 678 684
Día 19 de decembro (xoves)
Visita do Carteiro Real aos centros de ensino:
11.00 visita á Galiña Azul de Cerqueda
12.00 visita á Escola Unitaria de Mens
Día 20 de decembro (venres)
Representación de Maruxiña de Aurora Artes Escénicas, ás 12.00 no Auditorio do Centro Cívico.
Visita do Carteiro Real aos centros de ensino, no Auditorio do Centro Cívico.
Contos, Cantos e Bailes de Nadal. A partir das 20.00 no Centro Sociocultural das Pozacas. Organiza: AC Raigañas
Día 21 de decembro (sábado):
Día da Convivencia coa xente miuda con obradoiros e xogos populares e a visita do Pendigueiro para entregar os premios do Concurso de Coplas e Debuxos de Nadal, das 11.00 ás 13.30, no Centro Sociocultural das Pozacas. Organiza: A.C. Raigañas
IV Foliada de Cantos de Nadal
No Auditorio do Centro Cívico de Malpica,
Ás 20.30 IV Foliada de Cantos de Nadal coa AC Raigañas, a ACD Carcaxía e AC Malante
Ás 21.30 actuación de Pesdelán co espectáculo Foliada Asalto.
Día 23 de decembro (luns)
Xornada Benéfica, recollida de xoguetes de 16.00 a 20.00 no Campo de Fútbol de Xaviña. Organiza: UD Cerqueda.
Días 23, 24, 27, 30 e 31 de decembro, 2 e 3 de xaneiro
Campamento de Nadal en Seaia
Na Casa da Cultura de Seaia de 9.00 a 14.00. Destinado a crianzas de 4 a 12 anos. Prazas limitadas. Información e inscricións: 611 747 756. Prezo: Socios 70,00 €, Non socios 80,00 €. Organiza: A.C.D. Carcaxía
Día 24 de decembro (martes)
Papa Noel recibirá ás crianzas a partir das 18.00, na Fonte de Anselmo Villar Amigo.
Recollida de agasallos de 10.00 a 13.00 pola mañá e a partir das 17.00 pola tarde.
Organiza: A.C. Malante.
Día 26 de decembro (xoves)
Torneo de Badminton no Pavillón Polideportivo, ás 10.30. Para rapazada de 9 a 14 anos. Inscricións ata o 20 de decembro nas oficinas xerais. Colabora: CEIP Milladoiro.
Festa infantil con inchables en Malpica, no Pavillón Polideportivo Municipal, de 17.00 a 20.00.Colabora: ANPA Ventorrillo
Día 27 de decembro (venres)
Obradoiro de adornos de Nadal
Na Casa do Pescador de 17.00 a 19.00. Inscricións, ata o 26 de decembro nos teléfonos: 616 753 103/ 616 817 389. Organiza: AC Malante
Día 28 de decembro (sábado):
Partido Benéfico. Un xoguete, un sorriso, no Campo de Fútbol de Pedra Queimada
16.15 Fut 7 Feminino Sporting Seaia – Cabana SD
17.30 Fut 7 Masculino Sporting Seaia – Cabana SD
Organiza: Sporting Seaia C.F.
Exhibición e obradoiro de Freestyle Fútbol, ás 20.00, no Pavillón Polideportivo de Malpica. Entrada libre para todas as idades.
Os Contos de Pablísimo: O Paroleiro, ás 17.30 no Salón de Actos da Casa do Pescador.
Día 30 de decembro (luns)
Obradoiro de Redeiras en Malpica
No Centro Cívico, de 16.30 a 18.00, para nenas/os de 3 a 12 anos
Inscricións de balde, ata o 27 de decembro no rexistro xeral do concello, información no teléfono 981 707 104.
Colabora: Asociación Profesional de Redeiras O Fieital
Día 31 de decembro (martes)
VII San Silvestre Malpicana
Prezo: 2,00 €. Requisito imprescindible ir disfrazado. Percorrido: Senior: Fonte – San Hadrián – Fonte (7 Km), Infantil: rúas de Malpica (500 m). Inscricións ata o 26 de decembro nos whatsapps: 620 927 729 e 620 661 699. Organiza: AC Malante
Baile de Fin de Ano
No Auditorio do Centro Cívico, das 23.45 ás 4.00. Uvas, cava e cotillón, coa actuación do Trio Rosel,
Día 2 de xaneiro (xoves)
Obradoiro de Redeiras en Buño, no CAT (Centro de Artesanía e Tradición), de 16.30 a 18.00. Para nenas/os de 3 a 12 anos
Inscricións de balde, ata o 30 de decembro no rexistro xeral do concello, información no teléfono 981 707 104 .
Colabora: Asociación Profesional de Redeiras O Fieital
Día 3 de xaneiro (venres)
Obradoiro de Música e Arte, de 11.30 as 14.00, no Auditorio do Centro Cívico, crianzas a partir de 7anos. Información e inscricións por whatsapp 636 584 264 / 665 180 190. Organiza: ANPA Ventorrillo
Picadiscos Marifaltri, de María Faltri, no Pavillón do CEIP J.R.O., de 17.00 a 18.30. Colabora: ANPA Xaviña
Obradoiro de adornos de Nadal
No Salón de Actos da Casa do Pescador de 17.00 a 19.00. Inscricións, ata o 2 de xaneiro nos teléfonos: 616 753 103 / 616 817 389. Organiza: AC Malante
Día 4 de xaneiro (sábado)
Contacontos: As aventuras de Mariña de Galeatro,ás 17.30 no Salón de Actos da Casa do Pescador.
Día 5 de xaneiro (domingo)
Os Reis Magos de Oriente chegarán a :
Buño, ás 17.30, parada na igrexa de Santo Estevo.
Malpica, ás 19.00
Organiza: Concello de Malpica de Bergantiños
Colaboran: ANPA Ventorrillo, ACD San Xulián, AC Malante, ACD Carcaxía, ASCV O Quinteiro, Buño SCD e UD Cerqueda.
Leiloio, a partir das 18.30. Saída da Feira Nova, percorrendo todos os lugares da parroquia
Organiza: A.C. A Feira
Os Reis Magos de Oriente chegarán a:
Cambre, ás 10.00 no campo da festa
Cerqueda, ás 10.30 no campo da festa
Santiso, ás 11.00 no campo da festa
Beo, ás 11.30 na estrada xeral no cruce para a praia de Beo
Mens, ás 12.00 no campo da festa
Barizo, ás 12.30 no campo da festa
Seaia, ás 13.45 no campo da festa
Día 11 de xaneiro (sábado)
Inchables no campo da festa de Seaia ás 17.30. Colabora: ACD San Xulián.
Día 17 de xaneiro (venres)
Charla A túa mellor menciña es ti. Actívate saudablemente, ás 20.00, no Auditorio do Centro Cívico.