3Xan 2023
A igrexa de Santiago de Mens acollerá a presentación do libro “Misterios e encantos de Bergantiños”
O Concello de Malpica segue a apostar pola cultura e prepara a presentación do libro “Misterios e encantos de Bergantiños” de Juan Félix Neira Pérez, que se levará a cabo do vindeiro 7 de xaneiro ás 19.00 horas, na igrexa de Santiago de Mens.
No acto intervirá o autor do libro, Juan Félix Neira Pérez; Ana María Romero Masiá, arqueóloga e investigadora; Eduardo J. Parga Veiga, alcalde de Malpica; Noelia Freijeiro, concelleira de Cultura, Patrimonio e Deportes e Xosé Manuel Varela, director da colección “Costa da Morte”.
A demais os asistentes poderán gozar da visita guiada polo interior da igrexa románica de Santiago de Mens.
