- Sen categorizar
Parga e Trenor reuníronse para abordar numerosos proxectos para o Concello
Valoraron os que xa están en marcha e propuxeron outros para someter a estudo
O delegado territorial da Xunta de Galicia na área da Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, reuníronse este luns para abordar numerosos proxectos para o Concello. Foi unha xuntanza matinal que durou máis de dúas horas.
O obxectivo non foi outro que poñer varios proxectos sobre a mesa para realizar un estudo en profundidade e ver a súa viabilidade. De igual xeito, analizáronse outros que xa están en marcha.
Os dous representantes destacaron a importancia de que haxa unha comunicación fluída entre concellos e Xunta para poder dotar de infraestruturas a cada municipio segundo as súas necesidades. Do mesmo xeito, o rexedor agradeceu a atención recibida por parte do delegado e brindoulle á súa para abordar calquera tipo de actuación que poida mellorar o pobo e a calidade de vida dos seus veciños.