Bolsa de traballo
OFERTAS DE EMPREGO


De conformidade co establecido no Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local (Diario Oficial de Galicia núm. 222, do 22 de novembro), mediante ORDE do 22 de marzo de 2018 ( DOG nº 65 de 4 de abril de 2018) Viceperesidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convoca UN PROCESO SELECTIVO UNITARIO e aproban as bases reguladoras para postos de auxiliares da policía local.
Sendo competente a Xunta de Galicia para a tramitación do citado procedemento selectivo, faise pública a súa convocatoria a efectos de maior información.


Convocatoria de procedemento de selección de 1 funcionario/a interino/a e formación de bolsa de emprego grupo C, subgrupo C2, escala Administración Xeral, subescala auxiliar administrativo.

Proposta de contratación

Resolución da alcaldía
Ofertas de empresa privada
Desde o Concello de Malpica de Bergantiños queremos crear un espazo onde se divulguen, de balde, todas as ofertas de emprego que se xeren no noso territorio.
Os empresarios locais que queiran publicar algunha oferta poden enviala a través deste correo electrónico.