Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 12°
Sábado 12°
Domingo 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. 2021
  3. Decembro

Decembro 2021

26Dec 2021

As imaxes da I Foliada de Cantos de Nadal en Malpica

A tarde deste sábado 24 de decembro estivo moi animada no centro da vila

Fantástica tarde a que vivimos este sábado de Nadal en Malpica coa primeira Foliada de Cantos de Nadal, na que participaron as tres asociacións culturais da localidade e moita máis xente que se uniu logo. Organizou a Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, en colaboración coas entidades ACD Carcaxía, AC Raigañas e AC Malante.

24Dec 2021

Unha ducia de participantes no Torneo de Nadal de raqueta

A concelleira de Deportes entregou medallas a todos os deportistas

Este xoves 23 de decembro levouse a cabo o Torneo de Nadal de raqueta organizado polo Concello cunha ducia de participantes de máis de 7 anos. A concelleira de Deportes entregou medallas a todos os deportistas e houbo agasallos para os campións. Dous foron os deportes a practicar: tenis de mesa e bádminton. A festa iniciouse ás 10:30 horas no polideportivo municipal. Houbo categorías por niveis.

21Dec 2021

Parga y Trenor se reunieron para abordar numerosos proyectos para el Ayuntamiento

Valoraron los que ya están en marcha y propusieron otros para someter a estudio

El delegado territorial de la Xunta de Galicia en el área de A Coruña, Gonzalo Trenor, y el alcalde de Malpica, Eduardo Parga, se reunieron este lunes para abordar numerosos proyectos para el Ayuntamiento. Fue una reunión matinal que duró más de dos horas.

El objetivo no fue otro que poner varios proyectos sobre la mesa para realizar un estudio en profundidad y ver su viabilidad. De igual manera, se analizaron otros que ya están en marcha.

Los dos representantes destacaron la importancia de que haya una comunicación fluida entre ayuntamientos y Junta para poder dotar de infraestructuras a cada municipio según sus necesidades. Del mismo modo, el regidor agradeció la atención recibida por parte del delegado y le brindó la suya para abordar cualquier tipo de actuación que pueda mejorar el pueblo y la calidad de vida de sus vecinos.

21Dec 2021

Detectados dezasete casos de covid no Concello de Malpica

Así o afirma o Sergas tralo último comunicado semanal

Segundo a última información facilitada pola Consellería de Sanidade, Malpica rexistra 17 casos activos de covid-19 a día de hoxe, 21 de decembro.

Dende o Concello recordamos que as persoas contaxiadas que precisen axuda poden poñerse en contacto coa área de Servizos Sociais no teléfono 981 720 280, ou con Protección Civil a través dos números 661 626 166 e 693 400 673. Contamos coa Concellaría de Sanidade.

21Dec 2021

As concellarías de Turismo e Promoción Económica poñen en marcha o Concurso de Escaparates de Nadal

Haberá 900 euros en xogo e o prazo para inscribirse remata o próximo luns, día 27, inclusive, no Concello

A programación de Nadal do Concello de Malpica para este 2021 aínda trae unha sorpresa máis: seguirase organizando o concurso de escaparates, de temática propia destas datas. Organizan as concellarías de Turismo e Promoción Económica.

Os interesados teñen ata o próximo luns, día 27, inclusive, para apuntarse no consistorio. Deberán cubrir un formulario, que se adxunta nesta nova.

Para a valoración dos mesmos, terase en conta o traballo, a estética e, sobre todo, a orixinalidade das creacións.

Haberá seis premios a repartir entre os mellores. Un primeiro de 300 euros, un segundo de 200, e catro terceiros de 100.

Para máis información pódese chamar ós teléfonos 981 72 03 18 ou 693 400 673.

É unha iniciativa máis para dinamizar a vila e fomentar o comercio local. Boa sorte a todos!

19Dec 2021

Exitosa cuarta gala de Nadal de patinaxe artística

Participaron medio centenar de nenos e nenas

A cuarta gala de Nadal de patinaxe artística celebrouse este sábado no pavillón municipal de Malpica.

Participaron as escolas deportivas do Concello e o club local Patín Velúa, ademais da entidade Eiriz, de Narón.

En total, xuntáronse preto de medio centenar de nenos e nenas.

Esta actividade está incluida no programa municipal de Nadal, coa colaboración de Velúa. 

19Dec 2021

Comeza unha nova semana de recollida de residuos urbanos especiais

Estenderase dende o luns 20 ata o xoves 23

Unha nova recollida de residuos urbanos especiais levarase a cabo esta semana en Malpica. O Concello segue a fomentar boas prácticas co medio ambiente.

Dende o luns, 20 de decembro, ata o xoves 23 recolleranse porta a porta este tipo de residuos, que inclúen ata oito tipoloxías:

  • Aceite de cociña usado: de fritura, de conservas…
  • Graxas e manteigas: animal, de roxóns…
  • Pilas e baterías: de botón, AAA, alcalinas, electrónicas e de vehículos a motor…
  • Bombillas: de baixo consumo, LED e fluorescentes…
  • Electrodomésticos e electrónicos pequenos do fogar: microondas, tostadores, secadores, radios, teléfonos, ordenadores, ferramentas eléctricas…
  • Consumibles de impresoras: tóner, cartuchos e tambores…
  • Residuos téxtiles e roupa: non importa o seu estado (roto, destinguido…), só se solicita que estea limpo.
  • Restos metálicos pequenos do fogar: tixolas, moldes, potas, enxoval do fogar, bandexas…

A continuación, relátanse as rutas que se farán cada un dos días:

  • Luns 20: estrada DP-4307 dende Malpica ata Seaia, Travesía 2 A Camuza, Travesía 3 A Camuza C, Cancela de Areas, Vista, Pedrediña e Camiño da Vista.
  • Martes 21: estrada DP-4305 cara Santiso, Santiso, Pontella, estrada DP-4307 dende Seaia ata Beo, Cova, Castiñeiro, Sorrío, A Fonte Dorta, O Petón, R/ A Horta Nova, O Seixo, A Orxeira e estrada Santo Hadrián.
  • Mércores 22: Beo, Vigo, estrada DP-4307 dende Beo ata Seiruga e Seiruga.
  • Xoves 23: Seiruga, Campelo e Barizo.

A empresa Collecting Oil é a encargada de realizar este traballo. O día da recollida, os residuos deberanse deixar nun lugar accesible antes das 9:00 horas. Podes contactar cos responsables a través do número de teléfono 639 920 936 (tanto por chamada como mediante WhatsApp) ou no correo electrónico info@collectingoil.com. O Concello de Malpica anima ós veciños e ás veciñas a participar nesta iniciativa.

18Dec 2021

Boa resposta á primeira xornada do Mercado Artesán de Nadal en Malpica

Mañá, domingo, continúa a programación municipal en colaboración con outras entidades

Malpica viviu unha xornada moi intensa este sábado co arranque da programación de Nadal, que organiza a Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, en colaboración con outras entidades.

Destacou o Mercado Artesán de Nadal no mercado municipal, de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:00 horas. Tivo moi boa acollida cos diferentes postos, ademais de coa actuación de Meigallo Pandereteiras, un obradoiro de instrumentos musicais con Percusións Lobera, outro taller coas redeiras O Fieital, unha chocolatada e a visita do Apalpador Cía Pajarito.

Esta proposta continuará mañá, domingo, de 12:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:00, coas seguintes actividades:

• 12:00: Apertura do mercado

• 12:30: Os Viqueiras e Cabezudos

• 16:30: Obradoiro de macramé con Vivo Macramé (para adultos). Inscricións no teléfono 698129203

• 16:30: Obradoiro de cestería con O Son das Varas (para cativos)

• 18:00: Chocolatada

• 18:30: Cé Orquestra Pantasma (Home Orquestra)

Outras máis iniciativas levaranse a cabo este día, 19 de decembro:

  • Festa infantil de Nadal, a partir das 16:00, na Casa da Cultura de Seaia. Durante a festa recolleranse xoguetes para doar á Cruz Vermella e á Asociación Mirabal. Organiza ACD Carcaxía.
  • Festa infantil con inchables, visita de Papá Noel e chocolatada, de 16:00 a 20:00 na Casa dos Veciños de Leiloio. Organiza AVV de Leiloio.
17Dec 2021

Este Nadal vén cargado de deporte!

Consulta todas as iniciativas que se levarán a cabo nesta nova

O Nadal 2021 vén cargado de actividades na nosa localidade! A Concellaría de Deportes, con Noelia Freijeiro á fronte, ten preparado un Nadal moi deportivo. Velaquí as propostas:

• Control marcas atletismo: 22 de decembro, dende as 10:30 horas. De 7 a 13 anos. Inscricións ata o día 20.

• Torneo de Nadal de raqueta (tenis de mesa e bádminton): 23 de decembro, a partir das 10:30 horas no pavillón municipal. É para nenos e nenas a partir de 7 anos. Haberá categorías por niveis, agasallo de participación e premios para os campións en cada categoría. Os interesados teñen de prazo para anotarse ata o día 20.

• Campamento deportivo: 27, 28 e 29 de decembro, de 10:30 a 13:30 horas. De 7 a 13 anos. Inscricións ata o día 21.

• Torneo de Nadal de fútbol 3×3: día 30 de decembro, ás 10:00 horas, no polideportivo. As inscricións rematan o día 27. De novo, a actividade é para cativos e cativas de máis de 7 anos (incluídos) e de xeito totalmente gratuíto. Tamén haberá categorías por niveis, agasallo de participación e premios para os campións en cada categoría.

• Campamento deportivo: 3, 4 e 5 de xaneiro, de 10:30 a 13:30 horas. De 7 a 13 anos. Inscricións ata o día 28.

Consulta máis información e anótate no departamento de deportes ou no teléfono 981 72 00 01.

A maiores, haberá as seguintes exhibicións de patinaxe artístico, a cargo das escolas deportivas municipais e do club Patín Velúa:

• Día 18 de decembro, no polideportivo, ás 18:00 horas.

• Día 29 de decembro, no paseo da praia, ás 18:00 horas.

17Dec 2021

Arranca a programación de Nadal

Consulta, aquí, as propostas para este sábado, 18 de decembro

Arranca a programación de Nadal en Malpica con moitas propostas para mañá, sábado 18 de decembro. Toma nota!

  • Día da Convivencia: de 11:00 a 14:30 horas, no Centro Sociocultural das Pozacas. Organiza AC Raigañas.
  • Curso monográfico sobre a Ribeirana: na Casa da Cultura de Seaia. Organizan A Central Folque e a Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes.
  • Presentación das publicacións “Infinito no pé. Ribeirana” e “Pandereteiras de Mens”, coa participación de Mar da Bouzas e Pandereteiras da AC Raigañas, a partir das 18:00 no Auditorio do Centro Cívico. Organizan A Central Folque e a Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes.
  • Exhibición de patinaxe da escola deportiva do Concello de Malpica e do club Patín Velúa, no pavillón municipal ás 18:00.
  • Mercado Artesán de Nadal no mercado municipal, de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:00. Ás 13:00 actúa Meigallo Pandereteiras. Ás 16:30 haberá un obradoiro de instrumentos musicais con Percusións Lobera (para cativos). Ás 18:30 será a quenda do obradoiro coas redeiras O Fieital (para cativos). Ás 18:00 levarase a cabo unha chocolatada. A xornada rematará coa visita do Apalpador Cía Pajarito.

Achégate a Malpica! Desfruta da nosa vila

Página 1 de 3123