Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 15°
11°
Venres 17°
11°
Sábado 16°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Vinte persoas participaron nos cursos de alfabetización dixital organizados pola Concellería de Servizos Sociais e Igualdade

29Nov 2016

Vinte persoas participaron nos cursos de alfabetización dixital organizados pola Concellería de Servizos Sociais e Igualdade

IMG_0245

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Marisol Blanco Gorín, fixeron entrega hoxe dos seus diplomas ás persoas que participaron nos cursos de alfabetización dixital impartidos pola técnica de Igualdade, Patricia Vaquero, dentro do programa Conectad@s. Un total de vinte persoas tiveron acceso a unha formación que lles achega as novas tecnoloxías como unha ferramenta máis de igualdade.

O alcalde destacou que na sociedade actual é case imprescindible o manexo das novas tecnoloxías, e animou a todos os veciños e veciñas a tomar parte neste tipo de iniciativas, que o Concello de Malpica, coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, seguirá apoiando e promocionando.