gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 13°
10°
Luns 13°
10°
Martes 13°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. PRAIAS
  3. Praia das Sisargas

Praia das Sisargas

Praia das Sisargas

 

Só accesible por mar en servizo privado de barco, a pequena praia das illas Sisargas sitúase na parte sur da illa Grande, ao lado do pequeno porto e do coñecido como “brance das Sisargas” (a zona de mar diante das illas). Alí, atoparaste cun paraíso pola paisaxe (as vistas desde o mar cara á terra) e a calma, ademais da riqueza natural do arquipélago.

Ao mellor ves pasar algún paxaro curioso que non coñeces xa que as illas, xunto con punta Nariga, están declaradas Zona de Especial de Protección para as Aves (ZEPA). O patrimonio ornitolóxico queda patente nas numerosas colonias de especies endémicas, algunhas delas en perigo de extinción como a gaivota sombría ou a gaivota tridáctila.

  • Acceso: Barco privado