Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 15°
10°
Mércores 14°
10°
Xoves 14°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Servizo de salvamento e socorrismo na praia de Malpica

19Xuñ 2014

Servizo de salvamento e socorrismo na praia de Malpica

O Concello rematou a selección do persoal para a cuadrilla de limpeza, que empezará a traballar nos areais nos vindeiros días
540-f-foto

Mañá empezará a funcionar o servizo de salvamento e socorrismo na praia de Malpica, segundo confirmou o concelleiro de Praias, Alfredo Cañizo. O equipo estará inegrado por seis profesionais, que centrarán a súa actividade no areal urbano e que estarán equipados con todos os medios necesarios para o seu labor, incluído, por primeira vez, un desfibrilador. Todo o equipamento será entregado mañá ás 12.00 horas aos membros do equipo polo concelleiro Alfredo Cañizo, que estará acompañado polo presidente de Protección Civil, Iván Muíño.

O servizo de salvamento e socorrismo estará operativo durante dous meses e medio, e o seu horario de funcionamento será de 12.00 a 20.00 horas. Así mesmo, nos vindeiros días empezarán a traballar o integrantes da cuadrilla de limpeza de praias, unha vez rematado o proceso de selección. O concelleiro Alfredo Cañizo anunciou que nos próximos días serán revisados todos os areais para que queden ‘perfectos’ e se manteñan así durante o verán.

O comezo da tempada oficial de praias coincidirá co arranque das festas do Corpus e San Adrián, que congregarán a unha multitude durante todo o fin de semana en Malpica. O concelleiro de Turismo, Alfredo Cañizo, apuntou que xa están acondicionadas as zonas de aparcamento, que estarán iluminadas e vixiladas, e que terán capacidade para máis de 2.000 vehículos. Durante estes días porase en marcha un operativo especial de seguridade integrado por axentes da Garda Civil e a Policía Local e voluntarios de Protección Civil.