|
As
rutas que se ofrecen a continuación forman parte
do libro: Camiños polo concello de Malpica de
Bergantiños. Doce itinerarios para coñecer
a beira norte da Costa da Morte.
|
Cinco
mil exemplares en galego e profusamente ilustrados para dar
a coñecer múltiples aspectos do municipio malpicán e escrito
por Xosé M. Varela e Héctor M. Pose. Con fotografías
de Alfredo Blanco, Susana Chouciño, Ineco, Biofoto, Arquivo
Fotográfico Municipal (Serie "Malpica en fotos" de Xurxo Alfeiran)
e dos autores do texto.
O prórogo
corre a cargo do novelista Francisco X. Fernández Naval.
Andar, andar na
procura de saber, recrearse no ollado ou, simplemente, esquecer
rutinas. Perderse por camiños infindos entretecidos pola Natureza
ou a devastadora man do home insensible. Atopar oficios tradicionais
que esmorecen, liar conversas co labrego atarefado ou coas vellas
na soleira da porta de dobre folla. Ás veces, as sensacións
proveñen do silencio, dos olores do solpor e do peixe mesturado
cos berros do releo das pescantinas. Doce veas de zaorra e ruelas
de asfalto para nos coñecer mellor, redescubrir cotianeidades
e valorar o que nos é propio para conservalo. Textos, datos
e imaxes son postos a disposición do camiñante nunha humilde
cheda de dous autores, que gozaron, unha vez máis, co paradoxo
destas terras bergantiñás e das súas xentes.
Casco
histórico de Malpica de Bergantiños
|
De
Santiso a Mens
|
De
Asalo ó Faro Nariga
|
|
As
páxinas das rutas tardarán un pouco en cargar,
pero son moi interesantes
|