Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 13°
Sábado 12°
Domingo 14°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Presentación da iniciativa ‘Zoquiñas vermellas’

3Mar 2020

Presentación da iniciativa ‘Zoquiñas vermellas’

O vindeiro día 6 de marzo, ás 20:00 horas no centro comarcal de Buño, terá lugar o acto de presentación de ‘Zoquiñas vermellas’

Malpica emulará a iniciativa dos Zapatos Rojos de Elina Chauvet noutro dos actos da programación do 8 de marzo. A obra da artista mexicana naceu con 33 pares de calzado vermello, da cor do sangue pero tamén do corazón, que expresa esperanza.

Tinguiranse as zoquiñas de cor vermella,  da mesma cor que a obra de Chauvet para tratar de adaptar a Malpica unha obra que xa rompeu barreiras xeográficas, para abrir o debate e a reflexión social acerca da violencia contra as mulleres e a xustiza. Expúxose así en cidades de México, Italia, Arxentina, Chile, Ecuador, España e Reino Unido.

Replicarase así a obra de Elina Chauvet, quen di que ‘namentres a violencia contra as mulleres non sexa un tema urxente nos espazos lexislativos, Zapatos Rojos continuará indefinidamente, xa que é un símbolo de reflexión’. A idea é combinar a olaría, un dos símbolos de identidade de Buño, cun símbolo de reivindicación a nivel internacional, como o é a obra de Chauvet. Así, un dos elementos vertebradores da sociedade malpicá servirá de ‘berro contra a violencia machista’.