Benvidos e benvidas á Vila da Vida na Costa da Morte. Entre a humilde nobreza do barro de Buño e os salseiros das rompentes do Atlántico boureando na costa, o concello de Malpica de Bergantiños ofrécevos múltiples alicientes para entrar a coñecernos ou vir a visitarnos.

Ó noroeste de Galicia, na comarca de Bergantiños, desde os primeiros mariñeiros cántabros e biscaiños que viñan do norte tralo rastro do chafariz das baleas, este petouto chantado no mar bravío, acobilla e dá razón de vivir a familias dedicadas fundamentalmente á pesca, marisqueo e agricultura.

Por iso, a través das posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías, queremos amosar ó visitante unha mostra do que aquí atopará, coa pretensión de que se decida a coñecelo persoalmente. En calquera época do ano, pois o benigno do noso clima, permite disfrutar destas paisaxes en cada momento, valorando a aparición do arco da vella despois da intensa choiva ou a brisa fresca da alba no estío.

¡Que estas páxinas informativas sexan o perfecto reclamo para vernos axiña entre as ruelas de calquera dos lugares que forman esta terra!

Gracias por visitarnos.

José Ramón Varela Rey
Alcalde Presidente do Concello de Malpica de Begantiños


novidades
· presentación · situación · turismo · cultura · contactos

 

 

 

 

 

Voltar