Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Sábado 17°
11°
Domingo 17°
11°
Luns 15°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O vídeo do alumnado do IES Urbano Lugrís “6 pasos para falar malpicán”, premiado no Festival de Pardiñas

7Ago 2017

O vídeo do alumnado do IES Urbano Lugrís “6 pasos para falar malpicán”, premiado no Festival de Pardiñas

PARDIÑAS (4)

O vídeo que presentou o alumnado do IES Urbano Lugrís ao concurso de Youtubeir@s, e polo que conseguiu a “Mención honorífica á calidade lingüística”, foi tamén premiado esta fin de semana no Festival de Pardiñas, nun acto no que participaron alumnos e alumnas, profesores e o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, que felicitou a todo o equipo do instituto polo traballo realizado.

PARDIÑAS (3)

O vídeo “6 pasos para falar malpicán” é un titorial que en só tres minutos fai un percorrido moi completo polas singularidades da nosa fala, explicadas polos alumnos e alumnas do IES Urbano Lugrís. O vídeo ronda xa as 10.000 visualizacións en YouTube.