Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 13°
Sábado 12°
Domingo 14°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O presidente da Deputación asistirá mañá á clausura dos cursos organizados pola Concellería de Servizos Sociais

21Dec 2014

O presidente da Deputación asistirá mañá á clausura dos cursos organizados pola Concellería de Servizos Sociais

Un total de 37 persoas participaron nos obradoiros de xardinería e cociña
540-f-foto

O presidente da Deputación Provincial da Coruña, Diego Calvo, asistirá mañá á clausura dos cursos de cociña e xardinería organizados pola Concellería de Servizos Sociais de Malpica. A concelleira, Marisol Blanco Gorín, destacou que as actividades, destinadas a persoas con diversidade funcional e da terceira idade, tiveron moi boa acollida, en gran parte debido ao seu carácter práctico. En total formáronse 37 persoas, que mañá recibirán os seus diplomas nun acto está previsto para as 12.30 horas no Centro Cívico.

 

O curso de xardinería que se levou a cabo en Malpica non só permitiu mellorar a formación de algúns dos alumnos e alumnas que xa participaran anteriormente no de Buño, senón que tamén fixo posible o acondicionamento de dúas áreas axardinadas no centro de saúde e no Centro Cívico. Esta iniciativa, subvencionada pola Deputación, dirixiuse a persoas con diversidade funcional, que foron formadas pola Asociación Íntegro en tres sesións semanais durante un mes.

 

A Asociación Íntegro impartiu tamén os cursos de cociña saudable, un deles dirixido a maiores e o outro, a persoas con diversidade funcional. Neste caso foron dúas sesións semanais para cada grupo dende o 11 de novembro ata o 18 deste mes de decembro, subvencionadas tamén polo organismo que preside Diego Calvo.