Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 17°
11°
Sábado 17°
11°
Domingo 17°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello envía exemplares de “Os bolechas van á Mostra da Olería de Buño” a 26 colexios e 7 bibliotecas da comarca

29Xan 2017

O Concello envía exemplares de “Os bolechas van á Mostra da Olería de Buño” a 26 colexios e 7 bibliotecas da comarca

web5

Sete bibliotecas e 26 centros escolares da comarca de Bergantiños están a recibir estes días exemplares de “Os bolechas van á Mostra da Olería de Buño”, un agasallo da Concellería de Educación, Cultura e Turismo, que dirixe Noelia Freijeiro Novo, para que os nenos e nenas de toda a comarca poidan desfrutar coas aventuras dos populares personaxes no noso concello.

A publicación, que foi presentada o pasado mes de agosto coincidindo coa visita dos bolechas corpóreos a Buño, fai un percorrido pola nosa tradición artesá e por algúns dos principais atractivos turísticos do municipio de Malpica da man de Carmiña, unha pequena oleira que se converte en protagonista e fío condutor da historia.