Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Sábado 17°
11°
Domingo 17°
11°
Luns 15°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello e Portos estudan liñas de actuación conxuntas para mellorar as infraestruturas e servizos portuarios en Malpica

20Ago 2020

O Concello e Portos estudan liñas de actuación conxuntas para mellorar as infraestruturas e servizos portuarios en Malpica

O alcalde do Concello de Malpica, Walter Pardo, recibiu hoxe, xoves 20 de agosto, a visita do director de Portos de Galicia, Roi Fernández, e da xefa da Zona Centro, Lorena Solana. O encontro serviu para avaliar e execución de diferentes liñas de actuación de xeito coordinado entre ambas as dúas institucións. Trátase, tal e como sinalou o rexedor, “de intervencións moi necesarias e demandadas tanto polo goberno como polos traballadores do Porto e dos veciños e veciñas. O Porto en Malpica é fundamental para a economía do municipio, pero é tamén un espazo de lecer para os veciños e veciñas. Por iso, unha das nosas prioridades é seguir traballando para mellorar este espazo”.  

Por un lado, Pardo trasladoulles a necesidade de acometer o apuntalamento dunha parte da dársena e así permitir o acceso de camións de alta tonelaxe. A seguridade no espazo foi outro dos temas que protagonizou o encontro. O alcalde incidiu na necesidade de reparar algúns elementos como, por exemplo, as lastras do firme, unha iniciativa que avaliarán desde Portos de Galicia.

A organización e distribución do aparcadoiro foi outros dos asuntos que saíron a colación. Pardo insistiu en que “é crucial dispor dunha zona de estacionamento que non interfira cos labores que se levan a cabo na lonxa e no propio porto”. A maiores, o rexedor comprometeuse a realizar, xunto coa Confraría de Pescadores, un deseño da circulación do tráfico rodado.

Así mesmo, Pardo reiterou ao director de Portos de Galicia a necesidade de contar cunha grúa no porto de Barizo.

O rexedor agradeceu a “boa predisposición” tanto do director de Portos como da xefa da Zona Centro, e agarda que estas intervencións se poidan converter en realidade “canto antes”.