Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 16°
11°
Martes 15°
10°
Mércores 14°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello de Malpica recollerá durante o mes de novembro as solicitudes para a campaña “Alimentos polo Nadal”

2Nov 2015

O Concello de Malpica recollerá durante o mes de novembro as solicitudes para a campaña “Alimentos polo Nadal”

O Banco de Alimentos entregou o mobiliario básico para un dormitorio a un matrimonio con dous menores a cargo

540-f-foto

Durante todo o mes de novembro estará aberto o prazo para que as familias do municipio de Malpica que cumpran os requisitos poidan presentar as súas solicitudes para a campaña “Alimentos polo Nadal”, unha iniciativa da Concellería de Servizos Sociais complementaria do Banco de Alimentos.

Segundo as condicións establecidas polo Concello de Malpica, as familias non poderán superar os ingresos establecidos no seguinte baremo económico, en relación ao IPREM (532,51 euros).

1 persoa: 0,80 % IPREM___________426,26 euros

2 persoas: IPREM   ______________ 532,51

3 persoas: 1,25 % IPREM__________665,64

4 persoas: 1,50 % IPREM__________797,26

5 persoas: 1,75 % IPREM__________931,89

6 persoas: 2 % IPREM____________1.065,02

7 ou máis persoas: 2,25 % IPREM___1.198,14

Para obter máis información ou realizar a solicitude os interesados poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais ou chamar ao 981 72 02 80. 

Banco de alimentos

O Concello de Malpica, en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia, mantén aberto durante todo o ano un Banco de Alimentos que permite garantir certos produtos básicos a 21 familias do municipio. Na súa última visita, segundo informou a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín, ademais de alimentos non perecedoiros, entregáronse produtos frescos de tempada coma xarda, pementos e mandarinas.

Así mesmo, o Banco de Alimentos facilitou a un matrimonio que ten dous menores a cargo os mobles básicos para un dormitorio: cama con somier e colchón, mesiñas de noite e comodín.