Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 14°
11°
Venres 13°
10°
Sábado 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. O Concello de Malpica finaliza as obras de mellora do firme no camiño da Tremoa, na parroquia de Leiloio

15Mar 2021

O Concello de Malpica finaliza as obras de mellora do firme no camiño da Tremoa, na parroquia de Leiloio

O Concello de Malpica finalizou as obras de mellora do firme no camiño da Tremoa, na parroquia de Leiloio, dentro do proxecto de
mellora de viais municipais.


Os traballos consistiron na limpeza de cunetas para a formación de ambas marxes, así como o perfilado de taludes. Para adecentar o sobreancho, executáronse as excavacións de gabias en terra. Realizouse un bacheo de firme asfáltico e procedeuse tamén ao pintado das marcas viais correspondentes, para incrementar a seguridade viaria.


O alcalde de Malpica, Walter Pardo, subliña que “seguiremos traballando para dotar ao Concello de Malpica dun sistema de comunicacións interparroquiais acorde aos tempos nos que vivimos, á vez que incrementemos tamén a seguridade tanto para peóns como para condutores”, destaca.