Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 12°
Venres 13°
Sábado 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Club Travesía Sisargas colabora por terceiro ano consecutivo co banco de alimentos do Concello de Malpica

1Xul 2017

O Club Travesía Sisargas colabora por terceiro ano consecutivo co banco de alimentos do Concello de Malpica

foto irina baston reducida

Foto Irina Bastón

Por terceiro ano consecutivo, o Club Travesía Sisargas quere que o percorrido a nado entre a praia e a illa non sexa unicamente unha proba deportiva, senón tamén unha iniciativa de superación e de solidariedade. E unha forma de conseguilo é implicando a todos e todas as participantes nunha iniciativa social tan importante como o banco de alimentos do Concello de Malpica.

CARTEL TRAVESIA 2017 3-01-1

As familias usuarias do banco de alimentos, xestionado pola Concellería de Servizos Sociais e a Fundación Amigos de Galicia, recibirán unha axuda extra este mes. Daniel Gambón, promotor da Travesía a Nado, vén de facer entrega ao Concello de Malpica de 200 quilos de alimentos, un por cada participante. No acto participaron, ademais de varios membros do club, o alcalde de Malpica, Eduardo Parga; a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco, e o concelleiro Miguel Fernández, que agradeceron a iniciativa do Club Travesía Sisargas e a colaboración de todas e todos os participantes.

A travesía volverá a celebrarse o vindeiro 6 de agosto, repetindo o reto realizado por primeira vez no ano 1933 por Domingo Suárez Malpica, o primeiro nadador que completou os 4,3 quilómetros que separan a Sisarga Grande da praia de Area Maior. Nesta oitava edición da proba organizada polo Club Travesía Sisargas, coa colaboración do Concello de Malpica, as 200 prazas dispoñibles volveron a cubrirse nun tempo récord.