Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 13°
Sábado 12°
Domingo 14°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O alcalde e o concelleiro de Obras supervisan o remate das melloras viarias realizadas con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental

26Set 2019

O alcalde e o concelleiro de Obras supervisan o remate das melloras viarias realizadas con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental

26092019 caminhos_fca (1)

O alcalde, Walter Pardo, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, José Ángel Garrido, realizaron unha visita ás vías municipais que veñen de ser melloradas con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental. Grazas a este programa de axudas, destinadas aos concellos afectados pola instalación de parques eólicos, vimos de realizar un investimento de 31.000 euros no asfaltado do camiño do Ceán a Algadán, na parroquia de Cerqueda, e doutro camiño en Seaia.

26092019 caminhos_fca (2)

O obxectivo do Fondo de Compensación ambiental é financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.