Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 14°
12°
Mércores 14°
12°
Xoves 14°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O alcalde de Malpica asina o contrato para a execución da obra de saneamento no Vilar, en Buño

6Xul 2015

O alcalde de Malpica asina o contrato para a execución da obra de saneamento no Vilar, en Buño

O proxecto figura entre os tres que acometerá o Concello con cargo ao POS 2015
540-f-foto

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, asinou o contrato para a execución das obras de saneamento do Vilar, en Buño, incluídas no POS 2015. Os traballos, que comezarán nos vindeiros días, serán realizados pola empresa Obras Ramón Cotelo, SL, cun orzamento de contratación de 28.540 euros.

 

No POS deste ano tamén figuran o proxecto de pavimentación e infraestruturas en Barizo, Porto do Fondo, Beo, Santiso, Aldeola e Cerqueda, cun orzamento de licitación de 69.056 euros, e a pavimentación da rúa Canido, por 64.887 euros.