PROGRAMACIÓN
MOSTRA DA OLERÍA 2007

XXIV Mostra da Olería de Buño

Historia e tradición combínanse na festa do barro. A XXIV Mostra da Olería
de Buño espera a vosa visita do 10 ao 19 de agosto. Antigas e belas pezas
suman o seu atractivo ás novas formas do Buño Oleiro.

A funcionalidade das formas ancestrais e os suxestivos froitos da
creatividade dos novos oleiros e oleiras fúndense nunha proposta que non
deixará indiferente ao visitante.

A mestura de barros, engoves, esmaltes e creatividade, combinados na roda
coa mestría desta centenaria terra de oleiros, deixará na memoria dos
visitantes reminiscencias dun sentido estético incomparable.

A exposición dos oleiros, as súas exhibicións ou a cocedura tradicional
compleméntanse nesta festa dos sentidos cunha coidada programación, con
novas propostas expositivas, actividades para os máis novos, percorridos
turísticos culturais, actividades escénicas, baile e danza tradicional
durante os dez días da Mostra.

ACTIVIDADES DIARIAS

Lugar: Casa do Oleiro
Horario de Apertura: De 11.00 h. a 14.00 h. e de 16.00 h. a 21.00 h

Exposición dos Oleiros de Buño
Casetas de venda
Ecomuseo "Forno do Forte"
Horario de apertura: De 11.00 h. a 14.00 h. e de 16.00 h. a 21.00 h.
Outras Artesanías: Encaixe de Camariñas e Redeiras de Malpica
Exhibicións dun oleiro no torno: tódolos días de 12.00 h. a 14.00 h. e de 17.30 h. a 20.00 h
Obradoiro de barro para nenos: tódolos días, de 17.00 h. a 20.00 h.
Exposición "Traxe e tradición: vestindo a Galiza". Centro de Artesanía e Deseño
Exposición "Tal como eramos". Centro de Artesanía e Deseño

PROGRAMACIÓN

Venres 10 de agosto: Inauguración

17.00 h. III Encontros Folclóricos de Malpica de Bergantiños
18.00 h. Acto oficial de apertura
17.30 h. Visita inauguración
19.00 h. Degustación de viandas de Bergantiños no restaurante "Casa Elías"

A partir das 22.00 h. Gran Queimada no parque Luciano García Alén coa actuación de Chiculate e A Roda.

Sábado 11 de agosto

19.00 h. Exhibición de Música e Danza Tradicional da Asociación Cultural Raigañas
22.00 h. Cea das Letras, no restaurante Casa Elías

Domingo 12 de agosto

19.00 h. Exhibición de Música e Danza Tradicional da Asociación Cultural Carcaxía

Luns 13 de agosto

19.00 h. Exhibición de Música e Danza Tradicional

Martes 14 de agosto

A partir das 11.00 h. Cocedura Tradicional
19.00 h. Exhibición de Música e Danza Tradicional da Asociación Cultural San Xoán de Xornes
A partir das 19.00 h. Festa da Carroa
23.00 h. Proxección da película Casino Royale na praza de Santa Xusta

Mércores 15 de agosto

A partir das 11.00 h. Descarga do Forno

DÍA DO NENO
A partir das 17.00 h. Concurso de Modelado de Barro

19.00 h. Exhibición de Música e Danza Tradicional

Xoves 16 de agosto

19.00 h. Exhibición de Música e Danza Tradicional da Asociación Cultural Arume (Verdillo)

Venres 17 de agosto

19.00 h. Exhibición de Música e Danza Tradicional da Asociación Cultural A Coteleira de Cores

Sábado 18 de agosto

19.00 h. Exhibición de Música e Danza Tradicional da Asociación Cultural Xiradela
De 19.30 a 21.00 h. Degustación de Caldeirada de Polbo
A partir das 22.00 h. Concerto Rock no parque Luciano García Alén, actuarán: The Rockers Go To Hell, Los Rockín´ Kies, Los Justicieros e Grito Negro.

Domingo 19 de agosto

19.00 h. Exhibición de Música e Danza Tradicional da Asociación Cultural Malante.


novidades
· presentación · situación · turismo · cultura · contactos

 

 

 

 

 

Voltar