Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 17°
11°
Sábado 17°
11°
Domingo 17°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Malpica vólcase co ultratrail solidario polo Camiño dos Faros

23Xul 2014

Malpica vólcase co ultratrail solidario polo Camiño dos Faros

O xoves 24 durante toda a tarde desenvolveranse actividades culturais previas á saída dos participantes
540-f-foto

Malpica non só vai ser o punto de partida do ultratrail solidario polo Camiño dos Faros, senón que será tamén o escenario de toda unha tarde de actividades nas que está implicada a sociedade local. Xa dende primeira hora empezará a crearse ambiente, pero o groso do programa desenvolverase a partir das 19.30 horas, coa recepción dos representantes da Federación Galega de Enfermedades Raras e Crónicas (Fegerec) e do medio cento de corredores que farán toda ou unha parte da ruta de 203 quilómetros que une Malpica con Fisterra pola costa.

 

Este é o programa de actividades do xoves 24 de xullo:

 

19.30 h. Recepción de corredores e representantes do Fegerec no Centro Cívico

 

19.45 h. Explicación básica do Camiño dos Faros e do Ultratrail

 

20.00 h. Proxección do vídeo O Camiño dos Faros.

 

20.30 h. Animación con zumba no palco cedido pola organización do Nordestazo (frente ao Leño).

 

21.30 h. Sardiñada ofrecida pola asociación O Camiño dos Faros

 

22.00 h. Monólogo de Pedro Brandariz

 

23.00 h. Concerto da Traskiband

 

23.45 h. Paseo cos corredores ata o porto.

 

24.00 h. Saída do Ultratrail neutralizada con corredores e membros de Fegerec polo porto e O Caldeirón ata o paseo marítimo, onde se dará a saída para os 50 corredores que intentarán chegar a Fisterra polo Camiño dos Faros en menos de 48 horas.

 

A chegada a Fisterra está prevista para o sábado 26 ás 21.00 horas. Esta edición piloto terá un carácter solidario, de xeito que os participantes precisan apoio mercándolles os quilómetros que van percorrer ao prezo simbólico de 1 euro. O diñeiro que se recaude destinarase integramente ao programa de asistencia sanitaria que Fegerec desenvolve en Galicia para mellorar a saúde do colectivo de persoas afectadas por enfermedades raras e crónicas.