Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Sábado 13°
Domingo 14°
Luns 14°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Malpica avoga por un modelo híbrido para coidar o medio ambiente impulsando tamén as axudas a causas sociais

26Ago 2021

Malpica avoga por un modelo híbrido para coidar o medio ambiente impulsando tamén as axudas a causas sociais

O Concello de Malpica, a través das concellarías de Medio Ambiente e Servizos Sociais, continúa coa súa firme aposta polo coidado do medio á par que impulsa axudas a causas sociais. 

Corazóns solidarios
Corazóns solidarios

Recentemente instaláronse catro novos colectores baixo a denominación de Corazóns Solidarios, que funcionarán como recollida de tapóns de plástico e lle darán tamén outro aspecto ás rúas malpicás. 

Lembramos que ao longo do termo municipal xa se instalaran diante do Centro Cívico, a carón da parada de taxis, na entrada do CEIP Xoaquín Rodríguez Otero e no parque García Alén, de Buño.