Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 12°
Venres 13°
Sábado 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Máis de 70 nenos e nenas participan este ano na liga de fútbol praia organizado pola Concellería de Deportes

5Ago 2016

Máis de 70 nenos e nenas participan este ano na liga de fútbol praia organizado pola Concellería de Deportes

PEQUES-futbol-praia2106-web

Este verán a liga infantil de fútbol praia de Malpica bate récords de participación. Máis de setenta nenos e nenas iniciaron este mes a competición, que se desenvolve na praia de Area Maior ou no polideportivo, segundo permitan as mareas. Os participantes están divididos en dous grupos en función das súas idades, que van dende os 7 ata os 15 anos.

O alcalde, Eduardo Parga, e o concelleiro de Deportes, Iago Espasandín, acompañaron aos mozos e mozas deportistas na xornada inaugural da liga, que se desenvolverá ao longo do mes de agosto. As finais disputaranse o día 26.

MAIORES-futbol-praia-web

O concelleiro de Deportes destacou a boa acollida que ten cada ano esta actividade e amosou a súa satisfacción polo incremento do número de participantes. Así mesmo, Iago Espasandín subliñou que dende o seu departamento inténtase que nenas e nenos poidan practicar os seus deportes favoritos tamén durante o verán. Neste sentido apuntou que, á parte do campamento, a saída de aventura ou o campus de fútbol que se desenvolveron no mes de xullo, en agosto aínda queda unha ampla oferta de actividades por desenvolver. Deste xeito, do 8 ao 12 deste mes terá lugar o curso de vela organizado pola Deputación Provincial da Coruña, que ten en Malpica a sede da comarca de Bergantiños. Así mesmo, do 22 ao 25 terán lugar os cursos de vela promovidos polo club Silfo para nenas e nenos de 8 a 16 anos, e do 29 ao 31 realizaranse os cursos de kayak do Club Náutico de Malpica para pequenos/as de 9 anos en diante.