Ecosmuseo Forno do Forte >>
Para chegar a Malpica de Bergantiños...

As principais vías de entrada  proceden da Coruña (autoestrada A Coruña-Carballo A-55 e Comarcal A Coruña-Fisterra 552) e de Santiago (Comarcal Santiago-Carballo 550). Existe unha axeitada rede de gasolineras na Costa da Morte, a maioría delas contan con supermercado e lavadoiro de autos. 

O servicio público de transporte está xestionado por Autocares Finisterre (agora Arriva), case na súa totalidade, tel.: 902 27 74 82, aínda que Aucasa, cubre a liña Santiago-Carballo. As principais vilas  posúen servicio de taxi. As estacións de camiño de ferro máis próximas son Santiago de Compostela (981) 52 02 02 e A Coruña (981) 15 02 02.  AQUI PODERÁ CONSULTAR OS HORARIOS DE AUTOBUSES.

Tamén se pode achegar vostede ao noso porto, onde disporá dun espacio adecuado se decide achegarse nunha embarcación deportiva ou de recreo. 

Os aeroportos máis próximos son o aeroporto internacional de Lavacolla (981) 59 74 00, provendo comunicacións regulares con Bos Aires, Nova Iorque, Frankfurt, Xenebra, Zurich, París, Bruxelas, Londres, e as principais capitais do continente americano e europeo. O aeroporto de Alvedro na Coruña (981) 18 72 00, ten liñas regulares con París, Madrid, Londres e Barcelona.

 

novidades
· presentación · situación · turismo · cultura · contactos

 

 

 

 

 

Voltar