gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 19°
14°
Mércores 17°
13°
Xoves 18°
13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. SERVIZOS
  3. IGUALDADE

IGUALDADE

IGUALDADE

 
 

Esta área depende do departamento de Servizos Sociais, que conta cun axente de Igualdade para traballar na prevención e erradicación da violencia de xénero. O Concello de Malpica pretende promover e integrar a dimensión da igualdade de oportunidades nas políticas municipais.

Os obxectivos que se perseguen son a sensibilización no ámbito educativo, a formación laboral e o fortalecemento do asociacionismo das mulleres, a prevención de situacións de desigualdade e a información sobre os recursos existentes para asistir ás mulleres que sofren algún tipo de violencia.

O Concello de Malpica está adherido á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero que se creou no ano 2012 a través dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e a Fegamp.

Áreas de intervención

  • III Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes
  • Programas e accións
  • Publicacións
  • Recursos para a igualdade

O III Plan de Igualdade de Oportunidades de Malpica de Bergantiños é o documento marco de actuación para o Concello en materia de igualdade para o período 2014-2017 e preséntase como un instrumento de traballo onde se recollen as actuacións a realizar desde distintos ámbitos da sociedade e departamentos municipais.

O Plan está composto por 23 medidas e 75 actuacións que se estruturan en 5 áreas de actuación: enfoque de xénero no funcionamento interno do Concello, educación en igualdade, participación económica, participación social e violencia de xénero. Todas elas están en total consonancia co VI Plan galego de Igualdade da Administración autonómica.

Desde a Área de Igualdade do Concello de Malpica de Bergantiños lévanse a cabo programas e accións a nivel de prevención, sensibilización e intervención en violencia de xénero e promoción da igualdade.

  • Programa conectad@s: Obradoiros de alfabetización dixital para mulleres e persoas maiores.
  • Programa construíndo igualdade: Obradoiros de educación en igualdade e prevención en violencia de xénero nos centros educativos do Concello.
  • Programa “Non te escondas máis, por min e por todas as miñas compañeiras”: Programa de sensibilización e concienciación en contra da violencia de xénero. Enmarcado neste realizouse un Lip Dub de sensibilización contra a Violencia de Xénero.
  • Programa Malpica Igualdade: Programa emblema onde se englobarán moitas das accións levadas a cabo desde a Área de Igualdade municipal.
  • Lipdub de sensibilización contra a Violencia de Xénero
  • Marcapáxinas “Non te escondas máis: Por min e por todas as miñas compañeiras”

marcapaxinas-igualdade

  • Chapa “Malpica Igualdade”

chapa-igualdade

 

Contacto

Centro Cívico
Rúa Ventorrillo s/n
15113 Malpica de Bergantiños

981 720 280
981 720 370

Horarios:
• De luns a venres de 9:00 a 14:00h

Persoal

 

Enlaces de interese