gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 18°
Venres 19°
11°
Sábado 18°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. SERVIZOS
  3. EMPREGO E PROMOCIÓN ECONÓMICA
  4. Bolsa de traballo

Bolsa de traballo

OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO

Acta do tribunal de selección e proposta de nomeamento de auxiliar administrativo/a con carácter interino
Acta do tribunal de selección e proposta de nomeamento de auxiliar administrativo/a con carácter interino

 

Procedemento de selección de FUNCIONARIO INTERINO e formación de bolsa de emprego para praza correspondente ao grupo C, subgrupo C2, escala de Administración Xeral e subescala auxiliar administrativo do Concello de Malpica de Bergantiños. Acta do tribunal e proposta de nomeamento.

Bases para a contratación laboral temporal de 6 socorristas para o servizo de salvamento en praias 2018
Bases para a contratación laboral temporal de 6 socorristas para o servizo de salvamento en praias 2018

O Concello de Malpica pon en marcha o proceso de selección para a contratación laboral temporal de 6 socorristas para a Unidade de Socorrismo Acuático que prestará o servizo nas praias de Area Maior e Canido no período comprendido dende o 15 de xuño ao 10 de setembro de 2018

Resultados do primeiro exercicio da fase de oposición para a selección de auxiliar administrativo/a con carácter interino
Resultados do primeiro exercicio da fase de oposición para a selección de auxiliar administrativo/a con carácter interino

 

Procedemento de selección de FUNCIONARIO INTERINO e formación de bolsa de emprego para praza correspondente ao grupo C, subgrupo C2, escala de Administración Xeral e subescala auxiliar administrativo do Concello de Malpica de Bergantiños. Resultados do primeiro exercicio e convocatoria dos/as aprobados/as para o seguinte.

Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as no procedemento para a selección de auxiliar administrativo/a con carácter interino
Lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as no procedemento para a selección de auxiliar administrativo/a con carácter interino

Resolución da Alcaldía pola que se aproba a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, así como a composición de tribunal, no procedemento para a selección dun/ha funcionario/a interino/a e formación de bolsa de emprego do grupo C, subgrupo C2, escala administración xeral, subescala auxiliar administrativo/a.

Aprobación lista provisional de admitidos/as e excluídos/as no procedemento para a selección de auxiliar administrativo/a con carácter interino
Aprobación lista provisional de admitidos/as e excluídos/as no procedemento para a selección de auxiliar administrativo/a con carácter interino
Anuncio relativo á convocatoria pola Xunta de Galicia de procedemento selectivo unitario para o acceso aos postos de auxiliares de policía local
Anuncio relativo á convocatoria pola Xunta de Galicia de procedemento selectivo unitario para o acceso aos postos de auxiliares de policía local

De conformidade co establecido no Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local (Diario Oficial de Galicia núm. 222, do 22 de novembro), mediante ORDE do 22 de marzo de 2018 ( DOG nº 65 de 4 de abril de 2018) Viceperesidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza  convoca UN PROCESO SELECTIVO UNITARIO e  aproban as bases reguladoras para postos de auxiliares da policía local.

Sendo competente a Xunta de Galicia para a tramitación do citado procedemento selectivo, faise pública a súa convocatoria a efectos de maior información.

Ofertas de empresa privada

Desde o Concello de Malpica de Bergantiños queremos crear un espazo onde se divulguen, de balde, todas as ofertas de emprego que se xeren no noso territorio.

Os empresarios locais que queiran publicar algunha oferta poden enviala a través deste correo electrónico.